Obras dispoñibles en venta
Sergio
Ribeiro
serperegrino@gmail.com
www.sergioribeiro.es
Rúa Castor Sánchez 8
Vilagarcía de Arousa
+34 633 504 021
Quen son
Sergio Ribeiro. Nace en Lisboa en 1962- Trasládase a O Vento (Vilagarcía) 1967.
O seu gusto por pintar do natural levao a participar nos concursos de pintura rápida no norte de España onde octivo xa varios premios. Esta pasión de pintor plein air vese plasmada en moitos dos seus traballos onde retrata moitas vilas galegas entre as que destaca Vilagarcía e especialmente Cortegada, tema recurrente na súa obra.
É integrante de varias asociacións de artistas españolas e galego-portuguesas, e creador do grupo de Artistas de Pontevedra , cofundador do grupo GALEOSKA e da revista que leva o mesmo nome, creador do Espazo Sergio Ribeiro en Vilagarcía de Arousa.
Desde moi novo mostrou interese polo debuxo e a pintura nos que se formou con diferentes mestres, cos que aprendeu que pintar non é só debuxar ben, senón un proceso de experimentación onde os materiais e técnicas se combinan como fórmulas propias da alquimia. Inconformista, con obras que se enmarcan entre o impresionismo e a abstracción, obras que buscan un impacto visual no espectador. As texturas non volumétricas creadas mediante aperturas de cores e liñas de horizonte moi marcadas, fan que o espectador focalice na abrente da ría cara un Atlántico infinito.
Qué Fago
Diferentes técnicas
Retratos personalizados
Paisaxes galergos
Abstractos
Feiras de arte
Concursos de pintura rápida
Exposicións
Xornadas artísticas
Fotografía creativa
Pintura
Serigrafía
Manualidades
Obradoiros de arte
PROCESO CREATIVO
1. Concepto
Analizo a idea, dou forma na miña cabeza
2. Inspiración
A natureza e dabondo
3. Desarrollo creativo
Comezo con manchas
4. Refinamiento
Reviso os detalles finais
5. Entrega final
Remato a obra coidando os pequenoos detalles
VISIÓN
Ata agora plasmaba nos lenzos as paisaxes mariñeiras da ría de Arousa, con series como Pel de marea e Mariscadoras 2.0 que ainda continúan os traballos en estas dúas series de gran producción. Nunha mente creativa e en costante evolución, un non queda anclado no pasado senón que surxen noivas ideas , novos materiais, novas canles polo que neste intres estamos a traballar máis ca materia, as texturas e a abstracción, técnica na que disfruto pola implicación ca alquimia.
PARA AMPLIAR MÁIS A INFORMACIÓN SOBRE SERGIO RIBEIRO VISITE A SUA WEB
CONTACTO
MAPA DO SEU ESTUDIO DE ARTE EN VILAGARCÍA DE AROUSA