O CASO DE AXEL

Con Axel na súa casa de Bos Aires
Con Axel na súa casa de Bos Aires

 Case todas as historias arrincan na cociña, que é onde me gusta estar. A cociña é un lugar onde paso moitas horas preparando o almorzo, o xantar e a cea para os peregrinos, onde leo, en realidade onde fago todo, é onde desenvolvo a maior parte do meu traballo de artista

Aquela noite tocaba tortilla española, un prato recorrente e que lles gusta moito aos estranxeiros, algúns mesmo me piden que lles ensine ou que lles de a receita. Alí estaba eu pelando patacas cando entrou o peregrino Axel coa súa flamante bicicleta nova.

Adoito chancear un pouco cos peregrinos mentres lles tomo os seus datos, fágoo para romper o xeo. Se é un estranxeiro pídolles o pasaporte e se é nacional o DNI. Así que te chamas Axel ? como o desodorante, díxenlle, pero non lle fixo moita graza.

Creo que había algo de tensión neste raparigo, así que lle interroguei un pouco.

Vaia!! vés de Bos Aires.- exclamei. Pois si, acabamos de aterrar en Madrid e desde alí dirixímonos ata aquí para comezar desde este punto o camiño.

Ah, non vés só, con quen vés entón?.- Interrogueille. Vin con dous amigos que veñen andando ata aquí. Cómo ? Vés con dous amigos que veñen andando e ti en bicicleta?. Sí, acabo de comprala nun centro comercial.- respondeu.

Imos ver home!!!! Acabades de facer 10.000 km tí e os teus amigos e agora valos a deixar atrás??? non podes facer o camiño en bicicleta e os teus amigos andando, iso non está ben.

Estivo un intre pensando e díxome.- Tes razón, regáloche a bicicleta. Non home non, eu non quero a bicicleta, xa teño esta- O que tes facer é ir ao centro comercial onde a compraches e devolvela se aínda tes o ticket de compra.

E alá foise o bo de Axel a devolver a súa bicicleta recen comprada. Cando cheguen os meus amigos dilles que volvo nun intre.- dixo Axel.

Seguín coa tortilla cando ao intre apareceron os seus dous amigos. Eran dous raparigos encantadores, alegres, sempre co sorriso posto. Rápido fixemos boas faragullas. Conteilles o da bicicleta e informeilles que Axel volvería axiña.

Mentres lles tomaba os datos, un deles explicoume que Axel era un artista moi coñecido en Arxentina e en toda Sudamérica. Un famoso vaia!. Era músico, cantante, presentador, actor.

Pois non tiña nin idea.- espeteille. Aquí non debe ser tan coñecido porque eu nin flowers. Seguro que non é rockeiro.- pensei para min.

Cando regresou Axel, eu xa tiña a tortilla a piques de saír. Xa cheiraba que alimenta.

Entrou, miráronse entre eles aos ollos e entre saloucos déronse os tres un gran abrazo. Comprendín que puido haber algún lixeiro rozamento que fixo que Axel tomase a decisión de ir en bicicleta. Alegreime de que todo volvese ao seu estado normal.

Despois de cear pasámonos un bo intre cantando en Karaoke retando a Axel que certamente era un músico prodixioso.

Só foi unha noite, pero aquelas poucas horas bastaron para forxar unha boa amizade. Sigo en contacto con Axel desde entón.

Un bo día informoume que ía dar un concerto no mítico Luna Park de Bos Aires e preguntoume se me gustaría asistir como convidado. Sobra dicir que non mo pensei dúas veces e no acto díxenlle que si.

Fun a Bos Aires e puiden ver a Axel na súa salsa, en directo ante vinte mil adolescentes. Asistín aos seus dous concertos como un invitado vip, estiven no seu camerino desexándolle moita sorte. A verdade é que Axel si que é moi coñecido en BA e en toda sudamérica, case resultaba imposible saír á rúa e dar un paseo en liberdade sen que non houbese un só momento en que algunha rapariga ou a mamá dalgunha adolescente non lle pedise unha foto ou un autógrafo.

Pasaron xa trece anos daquilo e aínda seguimos tendo unha sincera amizade. Axel é unha persoa extraordinaria, un gran profesional, cheo de humanidade, talento por milleiros e moito corazón.

Agora é un pai de familia que segue arrasando nos corazóns femininos e que segue na brecha musical.